Venres 14 de Agosto de 2020

O restaurante A Feiriña vence o XI Concurso Sabores de Ourense coa súa proposta “Mantiña de castañas”


 

O xurado, composto por catro profesionais do turismo e da cociña, reuniuse hoxe no restaurante A Taberna para a concesión dos premios

O xurado profesional do XI Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono reuniuse esta tarde, desde as 17:00 horas, no restaurante A Taberna para a concesión dos seus premios.

Este xurado estaba composto por Antonio Lorenzo Gay (restaurante A Faragulla), Diego López (restaurante La Molinera), Cecilio Santalices (Turismo de Ourense) e Marina Vicente (La Alacena Roja), votou as propostas dos establecementos finalistas: A Burguesiña de San Miguel, A Feira, A Feiriña, Adega das Caldas, Antiga Leitería, Baysha, Catador, Fuentefría, La Estación de Loman e Sanmiguel.

Logo da súa deliberación, concédense os seguintes premios:

1º Premio: Restaurante A Feiriña, polo seu pincho “Mantiña de castañas”

2º Premio: Adega das Caldas, polo seu pincho “Pincho da Adega”

3º Premio: Restaurante San Miguel, polo seu pincho “Cocido en pelota picada”.

Deja una respuesta