Martes 20 de Novembro de 2018

Manuel Baltar recibe a participantes da “Escuela Internacional de Gobierno”


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial a participantes da “Escuela Internacional de Gobierno”, organizada polo Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, unha consultoría internacional especializada en comunicación institucional, social e corporativa, dirixida polo ourensá Eladio Jardón.

A visita enmárcase na VI edición da Escuela Internacional de Gobierno que se está a realizar en España e Portugal do 5 ao 14 de novembro, co obxectivo de coñecer a realidade política española e portuguesa, compartir experiencias internacionais e profundizar na formación en comunicación e xestión pública. Os participantes desta edición, procedentes de México, Paraguai e Colombia, son alcaldes, deputados, concelleiros e altos cargos políticos.

Esta escola, que formou a máis de 200 cargos públicos e candidatos de ata seis nacionalidades diferentes, preséntase como un programa formativo internacional que mestura a formación teórico-práctica con visitas ás principais institucións públicas galegas e do Estado.

Así mesmo, cabe destacar que a Escuela Internacional de Gobierno foi, este mes, finalista nos premios ReedLatino2018, como unha das mellores escolas de comunicación política, opinión pública e marketing electoral de iberoamérica.

Deja un comentario