Martes 20 de Novembro de 2018

O alcalde de Ourense salienta a excelencia no compromiso firme que a Xunta mantén coa cidade, con máis de 200 millóns de euros de investimento total


 

Jesús Vázquez Abad matiza que “se algo está claro é o impulso ao máis importante: a mellora nas infraestructuras sociais, a dotación de maiores e mellores equipamentos no eido asistencial e o impulso decidido ás infraestruturas da que é a porta de entrada a Galicia, cun especial énfase no apoio ao Termalismo a ás posibilidades turísticas da cidade, como é o Camiño de Santiago e a Vía da Prata; así como as deportivas, como a remodelación integral do Pavillón de Os Remedios”

 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Este encontro, concretáronse avances nos principais proxectos para a cidade de Ourense, cun investimento total do Goberno Galego neste mandato municipal de máis de 200 millóns de euros, dos que máis da metade (120 millóns) están executados e os restantes 100 millóns, en execución ou en trámite. “Unha cooperación situada na excelencia, polo seu firme compromiso cos necesidades dos ourensáns e das ourensás”, sinalou o rexedor.

Jesús Vázquez Abad matiza que “se algo está claro é o impulso ao máis importante: a mellora nas infraestructuras sanitarias, a dotación de maiores e mellores equipamentos no eido asistencial e o impulso decidido ás infraestruturas da que é a porta de entrada a Galicia, cun especial énfase no apoio ao Termalismo a ás posibilidades turísticas da cidade, como é o Camiño de Santiago e a Vía da Prata; así como as deportivas, como a remodelación integral do Pavillón de Os Remedios”

O rexedor ourensán agradece ao presidente do Goberno Galego “o seu apoio constante a todo canto supoña mellorar o presente e o futuro de Ourense, con iniciativas que se materializan en tempo e forma para sentar as bases da gran transformación da cidade”, como son o Ecobarrio da Ponte, onde o compromiso radica no seu remate en 2020, e xeito que: a renovación da iluminación pública da Chavasqueira se licitará antes de que remate o ano; a remodelación dos 18 edificios privados se poñerá en marcha a comezos de 2019; a rede de district heating poderá estar adxudicada a finais do ano que vén.

Deja un comentario