Martes 20 de Novembro de 2018

O Goberno Municipal realizará unha auditoría de xestión para planificar melloras nas estructuras funcionariais de cada departamento municipal


 

Con esta medida, o grupo de goberno asume a petición do portavoz socialista, José Ángel Vázquez Barquero e quere así analizar que debilidades presenta cada departamento, co fin de artellar unha planificación de recursos humanos para corrixilas

 

O Goberno Municipal realizará unha auditoría de xestión para planificar melloras nas estructuras funcionariais de cada departamento municipal.

Con esta medida, o grupo de goberno asume a petición do portavoz socialista, José Ángel Vázquez Barquero e quere analizar que debilidades presenta cada departamento, co fin de artellar unha planificación de recursos humanos para corrixilas.

O goberno dirixido por Jesús Vázquez Abad coincide co portavoz municipal socialista, José Ángel Vázquez Barquero, en que “é necesario identificar os problemas administrativos existentes para darlle a resposta axeitada desde a xestión política. E de ningún xeito podemos permitir que sexan os proveedores ou os cidadáns de Ourense quenes sufran as consecuencias”.

Por este motivo, e ante a petición do portavoz municipal do PSOE logo de diversas conversas e negociacións mantidas tanto co alcalde como coa tesoreira municipal, o goberno municipal coincide na necesidade de analizar a situación e identificar os posibles problemas e debilidades administrativas existentes nos diferentes departamentos municipais, co fin de corrixilas e mellorar a xestión económica do Concello, algo que redundará en melloras para toda a cidadanía.

Ademais, o Goberno Municipal tamén dá así resposta á condición do PSOE para desbloquear o pago a proveedores pendiente, logo de que os grupos da oposición bloqueasen cos seus votos (salvo OueC, que se abstivo) a modificación de crédito necesaria para realizar estes pagos.

Deja un comentario