Domingo 16 de Xuño de 2019

O xulgado inadmite o recurso interposto polo sindicato SPPME, no que pretendía a declaración de nulidade das bases e convocatoria das prazas de Policía Local da Oferta Pública de Emprego correspondente a 2014


 

Esta decisión do Xulgado Contencioso número 1 de Ourense coincide plenamente cos argumentos da sentenza publicada o pasado 20 de xullo, polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense, que non admitiu a solicitude de nulidade das bases e a convocatoria das prazas da Policía Local na Oferta Pública de Emprego do ano 2013

 

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense inadmite a trámite o recurso contencioso no que un sindicato policial solicitaba a revisión de oficio e a declaración de nulidade das bases e convocatoria das prazas de Policía Local incluídas na Oferta Pública de Emprego do ano 2014. O sindicato SPPME pretendía con ese recurso anular dita OPE e deixala sen efecto. A maxistrada basea a súa decisión na falla de lexitimación activa por parte dos demandantes.

Esta decisión coincide plenamente cos argumentos da sentenza publicada o pasado 20 de xullo, polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense, que non admitiu a solicitude de nulidade das bases e a convocatoria das prazas da Policía Local na Oferta Pública de Emprego do ano 2013.

A maxistrada sinala que “tampouco nesta ocasión os recorrentes xustifican nin proban os intereses que poida ter o sindicato” e recorda que o SPPME interveu na redacción, proposición e votación na Mesa de Negociación da aprobación das bases da convocatoria discutida.

Na súa argumentación, a maxistrada incide en que os demandantes non teñen probado interese lexítimo neste asunto, non formaron parte do proceso e non foron nin aspirantes nin admitidos.

Ademais incide en que o Tribunal Constitucional limita a lexitimación dos sindicatos a cuestións estritamente laborais, e a exclúe dos aspectos organizativos da administración pública.

Deja un comentario