Martes 20 de Novembro de 2018

Ourense en Común sinala de novo a “imparable morosidade” da xestión do PP no Concello de Ourense


O Concello chega xa aos 120 días de retraso no pago de facturas, 4 veces máis do que exixe a lei

Ourense en Común calificaba esta mañá como “unha vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense ten máis de seis millóns e de euros pendentes de pago, cun retraso de 120 días “e subindo”, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días.
O grupo apunta á “nefasta xestión” do goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “non é capaz de aprobar uns orzamentos, nin de sacar novas contratacións, e as facturas acumúlanse na súa mesa. Convertiron ao Concello en moroso, afogando a economía das pequenas empresas que prestan servicios municipais”.
Montserrat Valencia, edil do grupo, apunta a que o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, que “desde xaneiro se disparou desde os 40 aos 119 días nos que estamos”, require un plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que intervir“ .
Engaden que é “inxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unha “práctica habitual tramitar servizos sen contrato, alongando máis aínda os trámites administrativos e contables”.

Deja un comentario