Martes 20 de Novembro de 2018

O Consello Municipal de Deportes resolve as subvencións destinadas a entidades deportivas para a tempada 2017/18


 

Esta resolución reparte unha 680.000€ entre 77 entidades deportivas, tendo especial sensibilidade cos deportes minoritarios, de competición e de base

 

Na Sesión do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, de hoxe, 18 de outubro de 2.018 veñen de aprobarse as Subvencións a entidades deportivas do Concello de Ourense para os gastos de funcionamento na tempada 2017/2018. Esta resolución reparte unha partida de 680.000€ entre 77 entidades deportivas, tendo especial sensibilidade cos deportes minoritarios, de competición e de base.

Complexidade na valoración

As bases que rexen este procedemento valoran a tódolos clubs do Concello que solicitan esta axuda tendo en conta os seguintes ítems:

Número de licenzas en función do nivel competitivo das mesmas, así como número de licenzas de menores de 18 anos e de deportistas femininas.

Categoría formativa dos adestradores do club, así como, se posúen contrato laboral.

O quilometraxe efectuado, e as pernoctas segundo os requisitos indicados nas bases.

Nivel de autofinanciamento do club, canta maior autonomía maior valoración

Número de escolas deportivas que se xeran en centros educativos.

Aluguer de instalacións alleas ó CMD, ou colaboración: en actos organizados polo CMD e mantemento das instalacións municipais.

Deportista en risco de exclusión social.

Para outorgar unha puntuación a cada un dos solicitantes a Comisión de avaliación asigna unha valoración ítem por ítem. Este proceso é extremadamente tedioso, xa que, ó ser un sistema pechado de concorrencia competitiva, unha valoración incorrecta dun club despraza os puntos doutro solicitante.

Por outra banda, a disparidade das distintas disciplinas valoradas, trinta deportes distintos en total, fan aínda máis complicado o procedemento de valoración que trata de contemplar a casuística particular de cada entidade.

Deportistas beneficiados

O número de beneficiarios totais subvencionados nesta convocatoria foi de 8.241 deportistas. Co que o organismo autónomo do Concello de Ourense, fomenta a práctica deportiva de xeito directo, de preto dun 8% da poboación ourensá.

Hai que poñer de manifesto o dato de que hai 5474 deportistas menores de 18 anos subvencionados. Isto supón un 66,4% dos deportistas subvencionado son menores de 18 anos, polo que o obxectivo desta convocatoria, que é fomentar o deporte entre os máis novos, vese amplamente respostado. Tamén, hai que destacar o crecemento incesante de deportistas femininas, son en esta convocatoria 2.613, isto supón un 31% dos nosos deportistas son mulleres, superando as enquisas de Hábitos deportivos nacionais. (INE-2017).

Número de escolas / actos de promoción

Outro dos grandes retos desta liña de axudas é achegar o deporte a tódolos barrios e recunchos da cidade. O sistema de apoio é o fomento de escolas en centros educativos dos distintos barrios promovidas polos clubs e subvencionadas polo Consello Municipal de Deportes. En esta liña, forno 45 escolas deportivas apoiadas nos distintos centros educativos da cidade, en gran variedade de deportes.

Comparativa con outras cidades

A dotación de outras cidades para cubrir os gastos de funcionamento de entidades deportivas para promoción e fomento do deporte, a través de concorrencia competitiva en modelos parecidos o da nosa cidade, son:

Lugo: Repartiu no ano 2017, 145.000€ por concorrencia competitiva. Os clubs subvencionados foron 65, e os importes máximos concedidos rondaron os 6.000€.

Santiago: As subvencións ó deporte federado no ano 2.017 para o fomento do deporte federado tiveron unha dotación duns 250.000€.

A Coruña: Dotou para o ano 2017 unha partida de 320.000 € para a convocatoria de Promoción e o Fomento do Deporte. Estas axudas chegaron a 106 clubs cun importe máximo concedidos duns 12.500 euros.

Vigo: A cidade olívica habilitou 850.000€ para entidades e eventos neste ano 2018. Dicir que a área de deportes do Concello de Ourense ten unha dotación orzamentaria específica para eventos deportivos de 100.000€.

Deste xeito, vemos que o apoio do Concello de Ourense a través dos orzamentos do Consello Municipal de deportes, para a promoción e actividade deportiva está a cabeza das cidades galegas, en número de entidades subvencionadas, no importe máximo concedido, e en dotación orzamentaria para estas liñas de subvencións.

Deja un comentario