Domingo 16 de Xuño de 2019

La Molinera acolleu a segunda edición do “Café Startup” coa presenza de José Torrego, creador do Referente, primeiro diario de emprendedores en España que difunde e impulsa as iniciativas máis innovadoras


 

A actividade englóbase no traballo da Concellería de Promoción Economía no apoio á creación dun ecosistema emprendedor en Ourense

 

La Molinera continua coas súas actividades de apoio ao emprendemento coa celebración da segunda edición do Startup Café. Tras o paso de Javier Megias, nesta ocasión o relator elixido foi José Torrego, creador do Referente, primeiro diario de emprendedores que busca impulsar e difundir as iniciativas máis innovadoras de España tanto en proxecto de base tecnolóxica, como sociais, como innovadores en sectores máis tradicionais.

A elección do relator débese a unha dobre faceta: a súa propia experiencia como emprendedor creador dun produto exitoso tras un fracaso anterior e, á vez, como editor da primeira Guía de referencia de investidores para StartUps en España, produto principal para calquera aposta emprendedora de España.

Do evento, os asistentes aprenderon valiosas leccións achegadas polo relator José Torrego, que afirma que España atópase nun momento de crecemento no campo das startup coa presenza de cada vez máis vehículos de investimento e de apoio experto aos futuros creadores de empresas. Á vez, José Torrago indicou que o ecosistema atópase nunha fase de crecemento a nivel local onde destaca a existencia de centros como La Molinera, como elementos fundamentais para facilitar o lanzamento de novos proxectos empresariais e a súa posterior consolidación. “É un acerto axuntar espazo compartido con servizos expertos de apoio ao lanzamento e crecemento do negocio”, sinalou o o creador do Referente.

A actividade é unha mostra máis da aposta decidida do Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica, onde desde La Molinera incentívase a creación dun ecosistema emprendedor en Ourense que sexa capaz de axuntar recursos públicos e privados en beneficio do emprendedor. Un exemplo é esta serie de eventos, onde La Molinera, en alianza co Círculo de Empresarios de Galicia, permite interactuar a emprendedores locais con referentes nacionais do mundo da startup, nun proceso de aprendizaxe experta.

Para o concelleiro Jorge Pumar, “é unha satisfacción persoal ver como a visión, nos seus inicios, de converter La Molinera nun vehículo de apoio ao emprendemento foise convertendo nunha realidade en forma de servizos, proxectos e espazos que no seu conxunto abren o camiño ao futuro emprendedor ourensán”.

Deja un comentario