Mércores 12 de Decembro de 2018

O alcalde de Ourense pon en valor a consecución dunha obra longamente demandada pola veciñanza de A Ponte: o arranxo da súa Alameda


 

Jesús Vázquez Abad destaca que “a cooperación institucional e o traballo realizado dá os seus froitos, coa adxudicación duns traballos que eran necesarios desde hai moitos anos e para os que o Concello redactou o proxecto”

 

As obras de reforma e adaptación da Alameda do barrio de A Ponte en Ourense foron adxudicadas por parte da Consellería de Medioa Ambiente á empresa Arines Obras y Proyectos por un importe de preto de 180.000 euros.

O alcalde de Ourense destaca que “a cooperación institucional e o traballo realizado dá os seus froitos, coa adxudicación duns traballos que eran necesarios desde hai moitos anos e para os que o Concello redactou o proxecto”.

Tamén pon en valor Jesús Vázquez Abad “a consecución dunha obra longamente demandada pola veciñanza de A Ponte: o arranxo da súa alameda”, logo de que o Concello de Ourense redactase o proxecto construtivo e a Consellería de Medio Ambiente asumise o custe da obra, motivo polo que o rexedor ourensán agradece á Xunta de Galicia “a súa vontade de colaboración permamente para dar resposta eficaz a unha reclamación veciñal necesaria e moi demandada”.

Deja un comentario