Sábado 20 de Outubro de 2018

O Concello pon o Servizo de Facenda á disposición dos cidadáns afectados pola regularización catastral para solicitar o aprazamento ou fraccionamento dos pagos


 

O Concello, que non é o responsable desta regularización, sí que o é de que se rebaixase o IBI este ano nun 10% e de que esa rebaixa sexa doutro 10% a maiores no vindeiro ano, para tratar de compensar ese incremento nalgúns valores catastrais fixado desde o Estado

 

O Concello de Ourense pon o Servizo de Facenda á disposición dos cidadáns propietarios de bens inmobles afectados pola revisión catastral. Para aqueles casos nos que teñan dificultades para asumir o pago destes recibos, existe a posibilidade de aplazar ou fraccionar dito pagamento. Por este motivo, desde o Concello convídase aos afectados a que se informen no Servizo de Facenda e alí os funcionarios explicaranlles como facelo.

Do mesmo xeito, se os propietarios de bens inmobles que ven incrementado o seu valor catastral, consideran que non se produciron obras ou melloras nos últimos 10 anos que conlevasen ese aumento de valor, deben acudir ao Catastro para estudiar o caso e plantexar unha reclamación, se procede.

Por que se produce este envío de recibos? De quen depende?

Porque o IBI (Imposto de Bens Inmobles) é un imposto de xestión compartida: unha parte do tributo fíxaa o Ministerio de Hacienda e a outra depende do Concello.

Polo tanto, o Ministerio de Hacienda, a través da Dirección General del Catastro, outorga a cada vivenda ou ben inmoble un valor económico, que é a base que se utiliza para calcular o imposto. E sobre esa base, que fixa o Estado, cada Concello pode aplicar un tipo impositivo.

O Concello non é o responsable desta regularización dos valores catastrais, pero si que é o responsable de que se rebaixase o tipo impositivo do IBI este ano nun 10% e que esa rebaixa sexa doutro 10% a maiores no vindeiro ano, coa fin de tratar de compensar ese incremento no valor catastral fixado desde o Estado.

Por que algunhas persoas están vendo cambios no importe dos seus recibos?

Por dous motivos:

1. En primeiro lugar, o Ministerio realizou unha regularización e actualización dos valores catastrais dos bens inmobles. Esto provoca que ese prezo base para calcular o importe de cada recibo cambie, en moitos casos á alza.

2. Por outro lado, o Concello o aplicou unha rebaixa do imposto, reducindo nun 10% a parte do tributo que depende do Concello. E isto fíxose con carácter universal: ese 10% aplícase para todos os propietarios de bens inmobles de Ourense.

Así, ambas circunstancias danse á vez e fan que moitos recibos varíen significativamente o seu importe. Todas as propiedades son obxecto dunha rebaixa do 10% na parte que fixa o Concello, no tipo impositivo. Pero aquelas propiedades cuxo valor catastral aumentou debido á regularización realizada por Catastro, verán que o recibo sube a pesares do desconto universal aplicado polo Concello.

Por que se realizou esa revisión catastral?

Porque os valores catastrais levaban máis de 10 anos sen ser revisados nin actualizados. A Dirección General del Catastro contratou unha empresa para realizar unha inspección (mediante a toma de imaxes, etc), coa fin de detectar novas construcións non declaradas, ampliacións de volume non declaradas (alpendres, garaxes, pérgolas…) e cambios de uso non notificados polos veciños ao Catastro.

Por exemplo: un baixo de obra que pasou a ser un baixo comercial, unha planta baixa que se usaba como almacén ou garaxe e que pasou a ser vivenda, un rocho que foi habilitado como vivenda, etc…

Segundo comunican ao Concello desde Catastro, todo este proceso tivo que ser notificado aos veciños, por carta, indicándolles os cambios detectados nese traballo de regularización.

Que pode facer o Concello ao respecto?

O Concello non pode decidir se cobrar o IBI ou non: É obrigatorio. O Concello de Ourense, como o resto de Concellos de España -porque esta situación estase producindo nestes momentos en moitísimas partes máis-, ten a obriga legal de liquidar e cobrar eses incrementos. Así o recolle a Ley de Haciendas Locales.

Así, deixando claro que o Concello non é o responsable desta regularización, sí que é o responsable de que se rebaixase o IBI este ano nun 10% e que esa rebaixa sexa doutro 10% a maiores no vindeiro ano, co fin de tratar de compensar ese incremento fixado deste do Estado.

É moi importante que os cidadáns saiban que, para aqueles casos nos que teñan dificultades para asumir o pago destes recibos, existe a posibilidade de aprazar ou fraccionar dito pagamento. Por este motivo, desde o Concello convídase aos afectados a que se informen no Servizo de Facenda do Concello e alí os funcionarios explicaranlles como facelo.

Do mesmo xeito, se os propietarios de bens inmobles que ven incrementado o seu valor catastral, consideran que non se produxeron obras ou melloras nos últimos 10 anos que conlevasen ese aumento de valor, deben acudir a Catastro para estudiar o caso e plantexar unha reclamación, se procede.

Deja un comentario