Domingo 09 de Decembro de 2018

O Concello de Ourense cumpre cos parámetros de transparencia e mantén colgada na súa páxina web as retribucións do alcalde e dos concelleiros


 

Jesús Vázquez Abad mantén tamén de xeito público durante todo o ano a súa declaración de bens, cando o regulamento do Concello de Ourense só esixe mantela colgada na páxina web durante a última quincena do mes de xullo

 

Trala comunicación realizada esta tarde por parte do Ministerio de Política Territorial y Función Pública coa listaxe dos salarios dos alcaldes de España, o Concello de Ourense manifesta o seu cumprimento cos parámetros de transparencia.

De feito, o salario do alcalde e dos concelleiros está publicado na páxina web do Concello de Ourense desde o inicio do presente mandato municipal, na seguinte ligazón:

https://www.ourense.gal/gl/concello/transparencia/1260-retribucions-altos-cargos

Retribucións dos membros da corporación (pdf)

Ademáis, o alcalde Jesús Vázquez Abad mantén tamén de xeito público durante todo o ano a súa declaración de bens, cando o regulamento do Concello de Ourense só esixe mantela colgada na páxina web durante a última quincena do mes de xullo.

Pódese consultar aquí:

https://www.ourense.gal/gl/concello/transparencia/355-declaracions-bens

Deja un comentario