Domingo 09 de Decembro de 2018

O Concello destina máis de 95.000 euros para actividades extraescolares a realizar nos colexios a través dun convenio coa federación de ANPAs


 

A Xunta de Goberno concede licenza para a construción dunha nave comercial cun investimento de 2,8 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, na sesión celebrada esta mañá, aprobou as bases e a convocatoria do concurso para a selección dos carteis anunciadores das próximas edicións das festividades de Samaín e dos Magostos, dotados con premios por importe de 600 e 800 euros, respectivamente. Na mesma sesión acordou conceder á empresa Lidl licenza de obra para a construción dunha nave comercial en Outariz, cun investimento de 2,8 euros e aprobou un convenio coa federación de asociación de nais e pais para o desenvolvemento de actividades extraescolares nos colexios.
Na xunta de goberno local desta mañá aprobáronse un total de 16 acordos achegados polas diferentes áreas municipais.

Servizo de licenzas urbanísticas, de actividade, apertura e disciplina
LICENZAS (4)
– Concederlle á comunidade de propietarios licenza de obra para proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor no edificio de vivendas sito na rúa Río Návea nº 28
– Concederlle licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución de construción de nave industrial sen uso na estrada N-120, PK 574,6, Outariz.
– Concederlle á Comunidade de Propietarios licenza de obra para mellora das condicións de accesibilidade mediante a instalación dun ascensor no inmoble sito na rúa O Vinteún, 4 de Ourense
– Conceder licenza de obra para o proxecto básico e de execución e o seu anexo para construción de anexo a vivenda destinado a aparcadoiro sito na Parcela 38, Urbanización Pazo Ramirás de Ourense.
APERTURAS (4)
– Conceder licenza urbanística de obra de reforma de local para centro de formación e oficinas.
– Conceder licenza de obra de adaptación de local para actividade de academia de estudos.
– Conceder licenza de obra de adaptación de nave para tenda e cafetería.
– Concederlle a LIDL SUPERMERCADOS, S.A.U., licenza de obra para proxecto básico e de execución de nave destinada a uso comercial na estrada N-120 (punto quilométrico 573+300), Ourense, en solo urbano, consonte ao proxecto presentado que ten un orzamento de execución material de 2.832.428,07 euros.

SERVIZO DE PLANEAMENTO, XESTIÓN URBANÍSTICA E PATRIMONIO PATRIMONIO (3)
– Inadmitir a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por un particular por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na calzada da avenida de Zamora por non ser o Concello de Ourense a Administración competente para resolvela, e remitirlle as actuacións á Axencia Galega de Infraestruturas.
– Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular por danos ocasionados nun cristal da vivenda sita na rúa Casa Jardín, por non concorrer os requisitos legais que xustifican o dereito a unha indemnización.
– Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por don Isaac Seoane Coello polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa Bernardo González Cachamuíña por non concorrer os requisitos legais que xustifican o dereito a unha indemnización.

CULTURA (1)
– Aprobar as Bases e a convocatoria do concurso para o deseño dos carteis das festividades de Samaín (o 31 de outubro) e os Magostos 2018 (o 11 de novembro), e aprobar o gasto por importe de 1.400,00 euros.
As persoas interesadas poderán presentar os seus traballos a través do Rexistro Xeral do Concello nun prazo de 10 días naturais que comezarán a contar desde a publicación das bases e a convocatoria nas páxinas web do Concello (www.ourense.gal), e da Concellería de Cultura (www.ourensecultura.com).
O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 euros e o de Samaín con 600.

SERVIZO DE CONTRATACIÓN (1)
– Admitir, por cumprir os requisitos recollidos nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, a única oferta presentada no expediente de contratación por procedemento aberto do seguro de responsabilidade civil – patrimonial do Concello de Ourense, presentada por Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, cunha oferta oferta económica: 155.000 €.

EDUCACIÓN (1)
– Aprobar o Convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Centros Públicos de Ourense (FANPA), para subvencionar o desenvolvemento de programas e actividades educativas extraescolares nos colexios de ensino público de primaria e infantil do Concello de Ourense durante o curso 2017-2018. Tamén se aproba o gasto por importe de 95.108,88 euros.

Deja un comentario