Luns 19 de Agosto de 2019

O alcalde de Ourense solicítalle ao ministro de Fomento que, coa maior urxencia, se aprobe o proxecto de construción do tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela), co fin de poder licitar a obra antes do remate deste ano


Nunha carta remitida a José Luis Ábalos, Jesús Vázquez Abad sinala que «é o momento de tomar decisións políticas firmes para activar a finalización destes trámites que se dilatan inexplicablemente no tempo»

 

O alcalde de Ourense solicítalle ao ministro de Fomento que, coa maior urxencia, se aprobe o o proxecto de construción do tramo da Variante Norte (Eirasvedras-Quintela), co fin de poder licitar a obra antes do remate deste ano.

Nunha carta remitida a José Luis Ábalos, Jesús Vázquez Abad sinala que «é o momento de tomar decisións políticas firmes para activar a finalización destes trámites que se dilatan inexplicablemente no tempo», manifestando ademáis que «esta obra dará paso ao impulso e desenvolvemento real e efectivo dun importante proxecto de cidade: o denominado Bulevard Termal, importante acceso e posta en valor das marxes do Miño».

Na misiva, o rexedor ourensán argumenta que a actuación viaria de maior importancia para a cidade de Ourense é a construción da chamada Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras e Quintela, que forma parte da Autovía A-56.

Unha actuación – que trata de resolver a complexidade do enlace sur de Ourense da A-52 coas estradas N-540 e N-525 derivada do carácter urbano da contorna – cuxo primeiro estudo informativo foi aprobado provisionalmente o 2 de xaneiro de 2001. É dicir: fai máis de dezasete anos.

Desde aquela data a iniciativa do Ministerio de Fomento, esta actuación tivo plasmación nos PGE, «pero a realidade é que por múltiples vicisitudes que non vén hoxe ao caso detallar, ao día de hoxe as obras non comezaron», sinala Vázquez Abad na súa misiva.

Con data 28 de marzo de 2017 foi aprobado o expediente de información pública do proxecto de construción do tramo entre Eirasvedras e Quintela.

Con data 5 de xullo de 2017 foi aprobado provisionalmente e sometido a información pública, con data 20 de xullo de 2017, o «Documento técnico de adecuación do proxecto de construción Variante Norte de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 na súa pk 573,800-Ligazón de Quintela coa N-120, na súa pk 572,000».

Os aspectos que se someteron a información pública son os seguintes:

Supresión da glorieta Sur da ligazón de Eirasvedras.

Axustes na glorieta Norte.

Axustes da rasante dos viarios na zona próxima ao rio Miño.

E habilitar como calzada bidireccional o tramo da N-120 entre a glorieta Norte de Eirasvedras e Quintela, que terá carácter de provisional ata a execución do segundo tramo do variante Norte entre Quintela e A Casa.

Ningún deses aspectos presenta ningunha problemática, xa que foron previamente acordados en varias reunións técnicas coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

O pasado 7 de febreiro asinouse a resolución pola que se aprobaba o expediente de información pública e o documento técnico de adecuación do proxecto de construción. O 7 de maio, nun acto público en Ourense, o ministro anterior, manifestou de forma contundente, que o proxecto de construción sería finalizado no mes de xuño e que a partir de aí, entrábase na fase de supervisión do mesmo, prioritaria nas licitacións do 2018 cunha partida orzamentaria de 2,5 millóns contemplada para o devandito tramo de Eirasvedras – Quintela.

Pese ao compromiso anterior – avalado pola Dirección Xeral de Estradas – e estando xa a finais de setembro, non consta que o Ministerio de Fomento anunciase a aprobación do proxecto de construción e ademais esta mesma semana na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, o Secretario Xeral de Infraestruturas D. José Javier Izquierdo, xerounos inquietude, cando respondendo a unha pregunta do deputado ourensán Celso Delgado manifestou en relación con este proxecto que «estaba pendente de culminarse unha auditoría de seguridade viaria».

«É o momento de tomar decisións políticas firmes para activar a finalización destes trámites que se dilatan inexplicablemente no tempo e é por iso que en nome do Concello de Ourense pídolle que coa maior urxencia posible apróbese o proxecto de construción deste tramo e, previo á súa supervisión, acorden a súa licitación antes de que finalice o ano 2018.

Esta obra dará paso ao impulso e desenvolvemento real e efectivo dun importante proxecto de cidade: o denominado Bulevard Termal, importante acceso e posta en valor das marxes do Miño», conclúe o alcalde de Ourense.

Deja un comentario