Sábado 20 de Outubro de 2018

A vindeira proba de Correndo por Ourense, no barrio de A Ponte o 30 de setembro, adianta o seu horario ás 11:00 horas


A organización tomou a decisión ante a boa acollida do cambio de hora na proba na zona da Universidade , o pasado 9 de setembro

A vindeira cita co VIII Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense, que terá lugar n barrio de A Ponte o 30 de setembro adiantará o seu horario ás 11,00 horas atendendo a boa resposta dos atletas que participaron na carreira do pasado 9 de setembro na zona da Universidade, cando a saída adiantouse unha hora ante a posibilidade de altas temperaturas.

De este xeito, a proba organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11:00 horas para nenos e nenas nacidos dende o ano 2011 e inscritos na categoría de Pitufos, que percorrerán unha distancia de cen metros.

Cinco minutos máis tarde sairán os corredores das categorías Benxamín Sub10 (nacidos nos anos 2009 e 2010) e Alevín Sub12 (2007/2008), que correrán por un circuíto de 1.000 metros.

Ás 11:15 horas será a quenda das categorías Infantil Sub14 ((2005/2006) e Cadete Sub 18 ((2003/2004), que farán un percorrido de 3.200 metros.

Ás 11:30 horas sairán o resto das persoas inscritas. Na categoría Xuvenil Sub18 (2001/2002) terán que cubrir unha distancia de 6.400 metros. O resto de categorías (Júnior, Promesa, Sénior e Máster) percorrerán dúas veces o circuíto que atravesa diferentes rúas na zona Universitaria.

Tras a proba polo barrio de A Ponte, a ultima cita do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense será no barrio de A Carballeira, o 21 de outubro.

Deja un comentario