Martes 13 de Abril de 2021

Turismo avaliará o reaproveitamento dos vellos bungalows do camping do Untes, suxerido por Ourense en Común


Jorge Pumar recollía como “boa idea” a proposta trasladada esta mañá por Martiño X. Vázquez para dar “unha segunda vida” aos bungalós que teñen que ser retirados

Ourense en Común propoñía esta mañá na xunta de área de Turismo, o reaproveitamento dos vellos bungalós que se retirarán do camping de Untes, “antes de desbotalos cómpre avaliar o seu estado, e ver se poden ter unha segunda vida en outras dependencias municipais”, manifestaba Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo; unha suxestión que o edil responsable da área, Jorge Pumar, recibía positivamente, comprometéndose a valoralo, inventariando o estado das estruturas e os materiais, e orzamentando un posible traslado.
Tal e como recolle o novo proxecto de glamping presentado a pasada semana polo goberno municipal, os bungalós actualmente existentes no camping serán retirados, por estar fóra de ordenación e ser incompatibles co plan. “Sería unha mágoa contemplar como única opción tiralos”, defenden desde Ourense en Común, que ven que o novo proxecto redactado polos técnicos “ten unha moi boa base, pero a nosa máxima non é só investir, se non tamén aproveitar os recursos”.

Deja una respuesta