Martes 22 de Setembro de 2020

O Concello abre ata o día 8 de outubro o prazo de inscrición no Concurso Sabores de Ourense-Pinchos de Outono


O certame realizarase do 5 ao 18 de novembro na súa undécima edición

O Concello de Ourense abre o prazo de inscrición do 11 Concurso Sabores de Ourense –Pinchos de Outono, que se desenvolverá desde o día 5 ao 18 de novembro. Poderán participar todos os establecementos hostaleiros do Concello de Ourense que ofrezan habitualmente pinchos, que estean legalmente establecidos na cidade e que se inscriban para participar, con data límite de inscrición o día 8 de outubro.

Deberán cubrir un formulario que está dispoñible a través de Internet, na páxina web do Concello, https://www.ourense.gal/gl/areas/turismo-e-termalismo e tamén na do propio concurso, en www.saboresdeourense.turismodeourense.gal.

Cada establecemento poderá participar presentando un único pincho, que deberá incorporar como ingredientes cogomelos e/ou castañas. Ningún pincho participante poderá ter un prezo de venta superior aos 2,50 € (IVE incluído). Non se admitirá un pincho que xa fose presentado en edicións anteriores do concurso.

Os premios do concurso serán distincións honoríficas que se outorgarán conforme ás puntuacións obtidas polas sucesivas votacións dos consumidores e xurados.

A través desta iniciativa o Concello, a través da Concellería de Turismo e Termalismo, e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), queren dar a coñecer a riqueza gastronómica da cidade e as distintas propostas dos seus establecementos hostaleiros, un dos mellores recursos turísticos que a cidade pon a disposición das persoas que a visitan

Deja una respuesta