Xoves 12 de Decembro de 2019

En Marea apunta á cooperativa de Amarelante en Manzaneda como “un exemplo a seguir dentro da economía social de Galicia”


O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado no Parlamento, Davide Rodríguez, visitaron esta mañá a cooperativa e reclamaron á Xunta que acabe cos retrasos na tramitación de axudas e acceso a fondos do PAC

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado no Parlamento, Davide Rodríguez, visitaron esta mañá a cooperativa de Amarelante en Manzaneda, “un exemplo a seguir dentro da economía social de Galicia” como afirmou o voceiro de En Marea. Desde 2007 incrementouse en Galicia o número de cooperativas existentes e actualmente hai sobre 1.400. A crise fixo que a dinámica de creación de emprego se alterase en determinadas zonas do país cara unha economía máis social e cooperativa e este é un exemplo. Actualmente en Galicia son unhas 10.000 traballadores e traballadoras en cooperativas que traballan de xeito asociado. Unha fórmula que par ao grupo de En Marea resulta moi positiva xa que todo o cadro de persoal se corresponsabiliza na xestión e no propio traballo que se desenvolve, unha fórmula exemplar.

Como destacou Luís Villares, supón ademais unha posta en valor de recursos no noso país que durante moito tempo estiveron abandonados como son os nosos soutos e polo tanto supoñen a recuperación do territorio o que evita incendios forestais como tamén a posibilidade de transformación do produto que xera un valor engadido.

Desde En Marea reclaman como melloras para as cooperativas en primeiro lugar que as axudas que haxa se tramiten e cheguen en tempo real acabando cos actuais retrasos que están a provocar que teñan que adiantar fondos cos consecuentes problemas de financiamento e capitalización do propio investimento. En segundo lugar o voceiro de En Marea referiuse a os retrasos na adxudicación dos fondos da PAC que están tamén a retrasar o desenvolvemento de proxectos cooperativos que as veces incluso engadido as trabas burocráticas impiden para moitos acceder a estes fondos tendo despois que a Xunta de Galicia devolver estes fondos.

Deja un comentario