Sábado 01 de Outubro de 2022

Ourense en Común visita mañá O Pino para recoller as demandas do barrio


A veciñanza do Pino terá ao seu dispor unha cámara e un micro para denunciar e propor melloras para o barrio

Ourense en Común retoma mañá martes a campaña “A voz do barrio”, coa que o grupo está percorrendo a cidade facilitando a participación activa da veciñanza, “cedéndolles a palabra para comunicar, denunciar, aconsellar, e compartir as súas opinións acerca do espazo onde habitan”, e cuxas demandas se convirten logo en iniciativas que o grupo está levando ao Pleno Municipal.

Logo de visitar A Ponte, O Couto, a contorna do Posío, San Francisco e Peliquín antes do verán, mañá será a quenda de O Pino.

Unha cámara de vídeo e un micrófono estarán á disposición das veciñas e veciños desde as 20h nos arredores das torres anexas á estación de autobuses, para que quen así o desexe, poida exercer o seu dereito de libre opinión e xenerar debate sobre o barrio. O grupo quere fomentar con esta actividade a idea duns “barrios vivos, con espazos para o encontro nas rúas e prazas”.

Deja una respuesta