Xoves 15 de Novembro de 2018

O alcalde de Ourense agradece a boa disposición do Ministerio de Cultura a desbloquear os grandes proxectos culturais da cidade


Jesús Vázquez Abad mantivo esta mañá en Madrid unha reunión de traballo co subsecretario de Estado de Cultura y Deporte, Javier Fernández; así como do director general de Bellas Artes, Román Fernández-Baca

 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, foi recibido esta mañá en Madrid polo subsecretario de Estado de Cultura y Deporte, Javier Fernández; así como polo director general de Bellas Artes, Román Fernández-Baca.

A reunión, solicitada polo rexedor ourensán, foi para abordar os temas culturais pendientes do Goberno de España con Ourense. Así, Vázquez Abad solicitoulles o impulso ao desbloqueo definitivo da apertura da Biblioteca Pública (que se atopa pendiente de dotala de equipamento para a súa posta a disposición da cidadanía); o remate das obras do Arquivo Histórico Provincial; así como a licitación da obra do Museo Arqueolóxico, que se producirá logo da inminente concesión por parte do Concello nos vindeiros días, dado que a taxa pendiente de pago por parte do Ministerio de Cultura xa foi debidamente aboada.

O alcalde de Ourense quere salientar o seu agradecemento ao subsecretario de Estado e ao director general “a súa boa disposición para desbloquear os grandes proxectos culturais da nosa cidade e que redundará no beneficio de todos os veciños e veciñas de Ourense”.

Deja un comentario