Xoves 15 de Novembro de 2018

O Obradoiro de Instrumentos de Música Tradicional da Deputación abre o prazo de matrícula o 17 de setembro


O Obradoiro de Instrumentos de Música Tradicional da Deputación de Ourense abre o vindeiro luns, 17 de setembro, ata o 5 de outubro o prazo de matrícula para o curso de construción de instrumentos musicais. Os instrumentos que se poderán construír no curso son: gaitas, zanfonas, pito galego, requintas, instrumentos de percusión, instrumentos medievais e tamén haberá un curso de talla para instrumentos musicais.

Os interesados en participar no curso, poderán formalizar a súa matrícula no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. As clases comezarán o 15 de outubro.

Deja un comentario