Luns 03 de Agosto de 2020

O Concello publica o listado provisional de cualificación dos expedientes para a concesión das Axudas para Libros e Comedor Escolar para o curso 2018/19


Este ano a publicación das listas provisionais adiantouse en máis de 15 días respecto á pasada edición, respostando ao obxectivo de Asuntos Sociais por facilitar a volta ao cole das familias solicitantes

O Concello de Ourense ven de publicar o listado provisional de cualificación dos expedientes de Axudas para Libros e Comedor Escolar para o curso 2018/19. Este ano a publicación prodúcese con dúas semanas de antelación respecto ao 2017, o que permitirá axilizar ás axudas coincidindo co inicio do curso escolar e para facer máis leve a “volta ao cole” das familias ourensanas.

Logo da publicación na web do Concello do listado provisional de beneficiarios ábrese un prazo de dez días para que as familias interesadas en que se revisen os seus expedientes poidan presentar as súas alegacións.

O listado de beneficiarios tamén pódese consultar na sede da Concellería de Asuntos Sociais, na rúa Bispo Carrascosa, número 8; no taboleiro electrónico ou na páxina web do Concello (www.ourense.gal)

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello (na súa sesión do día 5 de abril) e está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros, o mesmo que o ano pasado (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares)

Están dirixidas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello con nenas e nenos ao seu cargo que estuden en centros públicos ou concertados de Ourense, cumprindo os seguintes requisitos:

Para libros e material escolar, estar matriculados en Educación infantil (3, 4 e 5 anos).
Para axudas de comedor, estar matriculados en Educación infantil, Primaria ou Secundaria obrigatoria e ter praza de comedor escolar no centro, no momento da concesión da axuda.
Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
Non superar os 3.500 € de renda per cápita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/-a, e que sexa a única sustentadora da familia).

As contías das axudas en especie para libros e material escolar para Educación Infantil serán:

1º de Educación infantil (3 anos): 90 € por alumno/a
2º de Educación infantil (4 anos) :110 € por alumno/a
3º de Educación infantil (5 anos): 125 € por alumno/a

En canto ás axudas de comedor, nos centros públicos pagarase a totalidade do custo ata un máximo de 90 € por mes e nos concertados 45 € por mes, se asisten de luns a venres, tendo a obriga os pais de facer fronte ao pago da diferenza.

Deja una respuesta