Venres 14 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense lamenta a afirmación errónea emitida pola Delegación de Goberno: A licenza do Museo Arqueolóxico non está concedida porque está pendiente de que o Ministerio de Cultura abone as taxas


O Goberno Municipal entende que dita comunicación oficial é froito dun erro, posiblemente por descoñecemento dentro do xogo político, “mais tal e como quedou de manifesto onte na reunión entre os máximos representantes de ambas institucións, debe imperar a lealdade institucional e non o interés partidista nin o exceso de protagonismo na defensa de Ourense e dos proxectos que benefician á cidadanía ourensá”

 

O Concello de Ourense lamenta a afirmación errónea emitida pola Delegación de Goberno: A licenza do Museo Arqueolóxico non está concedida porque está pendiente de que o Ministerio de Cultura abone as taxas correspondentes. Unha vez verificado dito pagamento, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense procederá a aprobar dita licencia, xa que todo o expediente está listo para este paso fundamental e con todos os informes favorables.
O Goberno Municipal entende que dita comunicación oficial é froito dun erro, posiblemente por descoñecemento dentro do xogo político, “mais tal e como quedou de manifesto onte na reunión entre os máximos representantes de ambas institucións, debe imperar a lealdade institucional e non o interés partidista nin o exceso de protagonismo na defensa de Ourense e dos proxectos que benefician á cidadanía ourensá”.
O Concello non notificou polo de agora a concesión da licenza ao Ministerio de Cultura. O que sí se lle remitiu, xa no mes de xullo, foi un escrito certificando que todos os trámites e informes técnicos para a concesión da licenza municipal de obras foron realizados, precisamente, á espera de recibir o pago das taxas para poder concedela, xa que a ordenanza fiscal do Concello de Ourense así o esixe. Ademáis, no mes de agosto, remitiuselle ao Ministerio un certificado que todo o proxecto conta co visto bo dos técnicos e só estaba pendiente do aboamento de ditas taxas.
O desbloqueo deste proxecto, que comezou coa modificación puntual do PERI realizada polo Goberno Municipal en febreiro de 2017, quedara encauzado co anterior Executivo tras diversas reunións co Goberno Municipal. Está agora pendiente, polo tanto, do aboamento das taxas da licenza por parte do Goberno Central, e foi un dos asuntos que onte abordaron Jesús Vázquez e Javier Losada no seu encontro institucional. O titular da Delegación, en efectou, quedou en axilizar dito pagamento para que o Concello proceda á aprobación da licenza por parte da Xunta de Goberno Local.

Deja una respuesta