Luns 25 de Maio de 2020

Ourense en Común apremia ao goberno a liberar de taxas o uso do espazo público, tal e como acordou o pleno


Máis de trinta actividades gratuitas promovidas por colectivos autoxestionados encheron de cultura, artes e xente as zonas máis degradadas do casco histórico durante os meses de xullo e agosto

Ourense en Común posicionábase esta mañá en defensa dos colectivos ourensáns que baixo o paraugas do Espazo Cultural Alternativo Autoxestionado e Asociativo -EsCuA- viviron onte “outro episodio do látego represor de Jesús Vázquez e o seu goberno contra a cultura de Ourense”.

Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, entende como “torpe agresión á liberdade de expresión” o comunicado emitido onte polo Concello de Ourense prohibindo o Festival Internacional do Barbaña a escasa media hora de celebrarse; unha iniciativa que pechaba a programación do Veránearte, que nos meses do verán encheu de actividades, “e sen incidencias”, a contorna sur do casco histórico da cidade, “a máis degradada e abandonada por este goberno”.

O alcalde motivaba hoxe a censura no impago de taxas, pero Ourense en Común aclara que “quen non cumpre é o Concello”, lembrando que “existe un acordo plenario para liberar de taxas o uso do espazo público sen fins de lucro». Un uso do que un exemplo sería o caso das actividades promovidas por EsCuA. “O propio Partido Popular votou a favor desa moción, aprobouse por unanimidade”.

Deja una respuesta