Mércores 12 de Decembro de 2018

A XIII Feira do Viño de Monterrei mostra a calidade dos seus caldos


O presidente da Deputación de Ourense participou  na inauguración desta celebración que “pon en valor un dos sectores estratéxicos da economía da nosa provincia: o vitivinícola”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar participou  na inauguración da XIII edición da Feira do Viño de Monterrei que, do 10 ao 12 de agosto, ofrecerá aos asistentes unha degustación dos mellores viños da comarca. Baltar destacou que esta celebración “pon en valor un dos sectores estratéxicos da economía da nosa provincia: o vitivinícola” e lembrou que o viño é “un excelente dinamizador da economía da nosa provincia, pois Ourense conta con catro das cinco Denominacións de Orixe galegas”.

Así mesmo, o presidente do goberno provincial salientou “o esforzo das adegas a prol da internacionalización do viño, un magnífico embaixador do noso territorio e das nosas xentes”, e salientou o apoio da Deputación de Ourense a este sector a través de axudas aos catro Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Vitivinícolas da provincia

Deja un comentario