Sábado 18 de Agosto de 2018

O Memorial Benéfico Pepe Novoa recadará mañá fondos para apoiar os programas da Asociación contra o Cancro


O campo de Oira acollerá o torneo, que contará coa participación de Unión Deportiva Ourense, Ourense CF e Lugo B

 

O campo municipal de Oira acollerá mañá, o sábado, 11 de agosto, o Memorial Pepe Novoa, no que participarán o Ourense Club de Fútbol, a Unión Deportiva Ourense e o Club Deportivo Lugo B, tres equipos que medirán forzas con vistas á próxima temporada en que militarán na Terceira División.

O torneo ten carácter benéfico, xa que a totalidade da recadación por venda de entradas, ao prezo de 5 euros, será doada á Asociación Española contra o Cancro de Ourense, con destino ao seu programa de axudas económicas de emerxencia para persoas en situación de vulnerabilidade e risco social

O Memorial comezará ás 18:00 horas, co partido CD LUGO B – UD OURENSE, continuará ás 19:00h, co CD LUGO B – OURENSE CF e rematará ás 20:00h co partido entre os dous equipos ourensáns, UD OURENSE – OURENSE CF.

Deja un comentario