Luns 17 de Decembro de 2018

Concello e Deputación colaboran na posta a punto do acceso ás termas do Muíño e da Chavasqueira a través do Camiño da Vía Vella


O alcalde en funcións, José Araújo; o concelleiro de Termalismo, Jorge Pumar e o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, visitaron esta mañá as obras de reacondicionamento desta vía e do aparcadoiro

A mellora do acceso ás termas do Muíño da Veiga e á Chavasqueira polo camiño da Vía Vella avanzan a bo ritmo e suporán unha reforma case definitiva para evitar o seu deterioro e facilitar o acceso en perfectas condicións dos veciños e turistas que, cada vez máis, achéganse a nosa cidade durante o verán.

O alcalde en funcións, José Araújo; o concelleiro de Termalismo, Jorge Pumar, e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, visitaron este xoves as obras de mellora do acceso ás termas desde a N-120 até o aparcadoiro das termas do Muíño da Veiga e da Chavasqueira.

Trátase dun proxecto que se realiza grazas á colaboración entre o Concello de Ourense e a Deputación Provincial, que inclúe unha roza das marxes, así como labores de mantemento e mellora do firme existente. Os traballos, realizados polas brigadas do ente provincial se realizan entre 8:00 e 14:30 horas.

O alcalde en funcións, José Araújo, agradeceu “a colaboración e esforzo permanente” da Deputación nos proxectos do día a día da cidade e confirmou que a mellora do acceso ás termas servirá para “dar un servizo de calidade” aos veciños que demandaban esta obra, así como aos turistas que se achegan as instalacións termais da cidade.

Araújo insistiu en que a reforma permitirá “acceder a estas zonas termais en perfectas condicións, aos veciños e as persoas que nos visitan cada día e ocupan cada vez un maior espazo na nosa cidade”.

Pola súa banda, o deputado de Cooperación Pablo Pérez, destacou que as obras realizadas este ano veñen completar as efectuadas o pasado ano “dándolle unha volta e facendo unha reforma da pista que cremos vai ser definitivo para que non se deteriore máis”.

As obras estanse a realizar con ‘zahorra’, que é o material permitido pola Confederación Hidrográfica Miño Sil nesta contorna. As actuacións supoñen a corrección de fochancas e das pendentes para facilitar a evacuación da auga durante os meses de chuvias.

Deja un comentario