Xoves 22 de Agosto de 2019

O novo centro interxeracional entrará en servizo, como estaba previsto, no vindeiro curso 2018/2019


A escola abrirá no mes de setembro co resto de escolas da rede Galiña Azul de nova apertura. A día de hoxe están matriculados 51 nenas e nenos, e o prazo de solicitude mantense aberto ate o 31 de agosto

O novo centro interxeracional entrará en servizo, como estaba previsto, para o vindeiro curso 2018/2019. Xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en colaboración co Concello de Ourense, estase a desenvolver todo o proceso necesario para que o novo equipamento estea plenamente en funcionamento no novo curso 2018/2019, tanto no relativo a atención a cativos como no relativo ao centro de día. Na súa páxina web xa se pode consultar a lista de admitidos e lista de agarda para a escola infantil (identificada como Ourense-Ramón Abellás, por ser esta a rúa na que se atopa).

A escola abrirá as portas no mes de setembro co resto de escolas da rede Galiña Azul de nova apertura. A día de hoxe están matriculados 51 nenas e nenos, e o prazo de solicitude mantense aberto ate o 31 de agosto. A escola ten unha capacidade de 82 prazas.

En canto ao Centro de Día, nas próximas semanas licitarase o contrato de xestión, para que poida entrar en funcionamento antes de que remate o presente ano 2018.

O Concello de Ourense presta e seguirá prestando ao Consorcio toda a colaboración precisa para que a cidade incorpore un equipamento destas características, que vai proporcionar un extraordinario servizo a persoas maiores e ás familias.

Ante as declaracións realizadas polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o centro interxeracional, o goberno municipal quere subliñar que “non ten sentido converter o centro interxeracional nun motivo de enfrontamento político. Ninguén ten que poñerse ningunha medalliña. Todos debemos alegrarnos de que a cidade vaia incorporar este novo equipamento xa que o importante é que vai axudar a dotarlles dunha maior calidade de vida a persoas maiores e ás familias cuxos cativos o utilizarán. Os proxectos desta envergadura requiren un traballo prolongado no tempo, e o importante é que o que hai uns anos era proxecto é agora unha realidade, coa obra xa rematada, e que no novo curso xa estará dando servizo ás familias. O goberno municipal fixo canto foi preciso para que así fora, e Ourense vai dispoñer dun centro que vai ser un referente en toda España en materia asistencial”.

Deja un comentario