Domingo 21 de Outubro de 2018

O campo de Oira reunirá o día 11 á Unión Deportiva Ourense, Ourense CF e Lugo B no Memorial Benéfico Pepe Nóvoa


A recadación destinarase ao programa de axudas de emerxencia para persoas en situación de vulnerabilidade da Asociación contra o Cancro

 

O campo municipal de Oira acollerá o sábado, 11 de agosto, o Memorial Pepe Nóvoa, no que participarán a Unión Deportiva Ourense, o Ourense Club de Fútbol e o Club Deportivo Lugo B. Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación deste certame, que terá carácter benéfico, xa que a totalidade da recadación por venda de entradas, ao prezo de 5 euros, será doada á Asociación Española contra o Cancro de Ourense, con destino ao seu programa de axudas económicas de emerxencia para persoas en situación de vulnerabilidade e risco social

O Memorial comezará ás 18:00 horas, co partido CD LUGO B – UD OURENSE, continuará ás 19:00h, co CD LUGO B – OURENSE CF e rematará ás 20:00h co partido entre os dous equipos ourensáns, UD OURENSE – OURENSE CF

Participaron na presentación Mario Guede, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Alejandro Nóvoa Martinez, organizador do triangular e fillo de Pepe Nóvoa, Rubén Conde, secretario da UD Ourense, Camilo Díaz, presidente do Ourense CF e Isidora Gómez, presidenta de AECC Ourense.

Deja un comentario