Venres 14 de Agosto de 2020

Novos semáforos melloran a seguridade viaria na intersección das rúas Quintián e Río Návea, atendendo ás demandas dos veciños do Vinteún


Coa posta en funcionamento dos semáforos rematan as obras de humanización -beirarrúas- da rúa Quintián (OU-568)

 

Comezaron a funcionar os semáforos que regulan o tráfico rodado e de peóns na intersección das rías Quintián e Río Návea. A instalación destes elementos é unha vella demanda veciñal á que se dá resposta desde a Concellería de Tráfico, e realízase grazas ao convenio entre o Concello de Ourense e a Deputación provincial.

A mellora da seguridade neste punto da cidade coincide, tamén, coas obras de humanización da rúa Quintián (OU-568) que conta, desde hoxe. Ademais da mellora de beirarrúas para o tránsito de peóns, o Concello quere reforzar así a seguridade na intersección, tanto para tráfico rodado como para peóns.

Ademais da instalación de semáforos, a Concellería de Tráfico vén de repintar 6 pasos de peóns e 4 paradas de autobús, todas elas na rúa Quintián, no tramo comprendido entre as rúas Río Tuño e Alejandro Pedrosa.

Deja una respuesta