Venres 19 de Outubro de 2018

Alumnos das “Escolas abertas” visitan o Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense


Medio cento de alumnos e profesores, participantes no programa “Escolas abertas” das distintas comunidades galegas no mundo, que estes días percorre Galicia, visitaron o Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Ourense, onde foron recibidos polo seu director, Manuel Brañas. Na visita, os estudantes asistiron a unha demostración da construción dos distintos instrumentos, e puideron ver as diferentes pezas que se elaboran neste taller, como gaitas, percusión ou zanfonas, así como os instrumentos do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense, construídos neste obradoiro e que serán utilizados no concerto que o gaiteiro Carlos Nuñez ofrecerá o vindeiro sábado no mosteiro de Oseira.

Deja un comentario