Domingo 23 de Setembro de 2018

Castrelo concilia no Verán


Actividades lúdico-educativas para todos os rapaces do concello no Albergue Xuvenil do Parque Náutico durante todas as mañás do verán

O concello de Castrelo de Miño recibiu unha axuda da Secretaria Xeral e Igualdade para a implantación do programa municipal “Castrelo Concilia”

Neste mes de xullo comezou unha das actividades incluídas dentro deste programa anual, chamada “Castrelo Concilia no Verán”. Con esta medida, durante os meses de xullo e agosto no albergue xuvenil de Castrelo de Miño, sito no parque náutico, realizase esta actividade lúdico-educativa para todos os rapaces do concello entre 3 e 13 anos durante os meses que non teñen colexio.

Con este servizo préstase unha axuda para a conciliación de todas aquelas familias, nais e pais cuxas vacacións non coincidan co periodo non lectivo dos cativos.

Este campamento de verán está aberto en horario de 9 a 14 horas, conta cun monitor cada 10 nenos que realizan actividades deportivas, manualidades, ciencias, xogos, audiovisuais, sendeirismo, clases de natación na piscina, actividades náuticas…

Ainda se mantén o prazo de inscrición aberto e todos os interesados aínda se poden incorporar a este programa de conciliación familiar, inscribíndose na casa do concello de Castrelo de Miño.

Deja un comentario