Martes 17 de Xullo de 2018

Red Eléctrica será o patrocinador oficial do RibeiroBlues WineFestival de Castrelo de Miño


 

O delegado de Red Eléctrica Carlos Gonzalez Patiño e o alcalde de Castrelo de Miño asinaron o acordo de colaboración para a edición deste ano 2018, que terá lugar os vindeiros 10 e 11 de agosto.

Esta colaboración fará que na súa quinta edición o festival volte a dar un novo paso cara adiante para continuar mellorando. A edición de 2018 será a edición máis internacional do festival, xa que o patrocinio de Red Eléctrica permitirá que se acheguen ata Castrelo de Miño figuras relevantes do blues europeo e americano que serán anunciadas proximamente, cando se peche definitivamente o cartel.

Red Eléctrica conta con distintas instalacións eléctricas sitas no término municipal de Castrelo de Miño, e tras a solicitude realizada polo alcalde, mostrou a súa disposicion a colaborar no Festival promovido polo Concello.

Para Xurxo Rodríguez Méndez supón unha grande satisfacción conseguir a implicación de cada vez máis entidades públicas e privadas que fagan medrar ano a ano este festival que promociona os recursos da nosa comarca. Neste caso, Red Eléctrica, que non compre esquecer que tamén é unha gran empresa tamén vencellada a Castrelo de Miño, con importantes infraestruturas sitas no noso concello.

No acto oficial de asinatura o alcalde deulle a benvida a Red Eléctrica como patrocinador principal do RibeiroBlues, unha colaboración que agarda que se consolide no tempo.
Destacou tamén o compromiso de outros organismos como a Deputación de Ourense, o Inorde, ou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que desde a primeira edición tamén colaboraron con este festival, destacando dun xeito moi especial a colaboración prestada desde o inicio polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, sen cuxa participación tería sido imposible a realización deste festival.

Deja un comentario