Xoves 15 de Novembro de 2018

Visita do equipo de Hebei de Wushu á Deputación de Ourense


O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial ao equipo de Hebei (China) de Wushu, integrado por campións do mundo, campións de China e campións dos Xogos Olímpicos Asiáticos, que se atopan na cidade con motivo da súa participación no XVII Torneo Internacional de Wushu Cidade de Ourense, que reuniu a equipos de Portugal, Andorra, China e España, con deportistas de 11 comunidades autónomas. O equipo chino ofreceu unha espectacular exhibición de Wushu e acrobacia durante a cerimonia de inauguración e tamén o último día da competición, como peche das festas da cidade. O Wushu é unha arte marcial china que comprende ámbitos como defensa persoal, acrobacias, concentración e relaxación.

Deja un comentario