Xoves 15 de Novembro de 2018

A Concellería de Promoción Económica ofrece para emprendedores o programa formativo “O meu primeiro imposto”


O programa “O meu primeiro imposto” consta de cen horas de formación nas que se explicarán, entre outros aspectos, os trámites para crear unha empresa, coma traballar coa Administración electrónica ou cubrir os impostos

A Concellería de Promoción Económica ofrecerá a partires do vindeiro 11 de xullo na Molinera “O meu primeiro imposto”, un proxecto enmarcado dentro do programa Ourense+ que consiste en 100 horas de formación a parados e traballadores por conta propia ou allea, co obxectivo de que aprendan a realizar os trámites administrativos precisos no caso de montar a súa propia empresa.

O prazo de inscrición para esta actividade remata o vindeiro 10 de xullo. Os interesados en inscribirse poderán facelo a través da dirección de correo electrónico ourense+@gmail.com. Poderán apuntarse traballadores por conta allea ou propia e parados dados de alta no INEM. Están previstas a10 prazas, pero o número podería incrementarse segundo a demanda.

O Programa Ourense+ e unha aposta do Concello de Ourense, en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo para dar resposta ás principais necesidades dos futuros empresarios. Trátase dunha aposta pioneira, que acompaña aos emprendedores á hora de crear un proxecto empresarial propio.

“Queremos realizar accións de este tipo, directas e efectivas, para que os emprendedores ourensáns teñan unha resposta inmediata e útil a tódalas súas dúbidas. O noso obxectivo é axudalos e que saiban que os acompañamos dende que teñen unha idea até a súa primeira venta”, sinala o concelleiro de Promoción Económica Jorge Pumar.

A través do programa “O meu primeiro imposto” os alumnos aprenderán a resolver os trámites necesarios para formar os seus proxectos empresariais así como a realizar sen dificultade as xestións administrativas que supón ter unha empresa.

Así, o programa ofrecerá formación sobre os primeiros pasos a dar, na Axencia Tributaria (AEAT) e na Seguridade Social, cando se pon en marcha un proxecto empresarial. Tamén se lles ensinará coma realizar a alta no censo de empresarios, profesionais, ou no réxime especial de traballadores autónomos (RETA); a inscrición da empresa, e os trámites relacionados coa contratación dos traballadores.

Outro dos eixos do curso ensinaralle aos alumnos a cubrir os seus impostos: o IRPF, o Imposto sobre Sociedades e o Imposto sobre o Valor Engadido. Ademais se dará preparación para que saiban traballar coa Administración electrónica e cubrir os trámites necesarios na Consellería de Economía, Emprego e Industria ou no Rexistro Mercantil.

Deja un comentario