Sábado 21 de Setembro de 2019

O Concello lembra que ata o venres, 29, está aberto o prazo para subsanar erros nas solicitudes de becas de libros e comedor escolar


As persoas interesadas teñen na web do Concello toda a información para corrixir as deficiencias detectadas

A Concellería de Asuntos Sociais lembra ás persoas interesadas que ata pasado mañá, venres, día 29 de xuño, permanece aberto o prazo para que as familias que solicitaron axudas de libros e comedor escolar para o próximo curso 2018-2019 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación que presentaron.

Na páxina web do Concello está publicada a relación de persoas que solicitaron e a documentación que precisan para que as súas solicitudes estean correctas. Deberán presentar a documentación que se lles solicita a través do Rexistro Xeral do Concello (Casa do Concello, baixo). De non facelo no mencionado prazo, se lle terá por desistido da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 5 de abril e está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares). O día 16 de xuño a Concellería abriu un prazo de 10 días hábiles, que rematará o venres, 29, para que as persoas interesadas tiveran a posibilidade de corrixir os erros e achegar a documentación solicitada.

Deja un comentario