Xoves 30 de Xuño de 2022

Finalista do concurso de ideas promovido polo INORDE realizan unha visita-estudo á provincia de Ourense


Os FINALISTAS DO CONCURSO DE IDEAS, ALUMNOS DE ENSINO SECUNDARIO E FORMACIÓN PROFESIONAL, PROMOVIDO POR INORDE A través DO PROXECTO EUROPEO CTC “COMUNIDADE TERRITORIAL DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA”, XUNTO CO VAL DO CÁVADO E ALTO MINHO REALIZAN UNHA VISITA ESTUDO HOXE Á PROVINCIA DE OURENSE.

Nesta visita estudo a Ourense, coñecerán o Parque Tecnolóxico de Galicia, a estación de Baños de Molgas-INORDE, onde realizarán unha serie de talleres e actividades relacionados co emprendemento, e completarán a xornada tomando contacto co Ourense-Termal no Balneario de Laias.
Mañá realizarán a visita estudo a Portugal, onde coñecerán InCubo, Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadoras, en Arcos de Valdevéz e ao día seguinte a StartupBraga, en Braga.
O gañador do concurso coñecerase na final que terá lugar o mércores 27 de xuño en Terras do Bouro, cun xurado formado por representantes españois, o xerente de INORDE, e representantes do Val do Cávado e Alto Minho.
Esta visita-estudo enmárcase dentro do proxecto CTC: “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza”, ten como obxectivo o desenvolvemento do territorio a través da cooperación entre as rexións dos socios, a Comunidade Municial Val do Cávado (CIM Cávado), Comunidade Intermunicipal Alto Miño (CIM Minho) e o INORDE. Cunha duración de dous anos, este proxecto europeo denominado “0230_ CTC_LIMIA_LIMA_CAVADO_1_ P”, está integrado no Programa Europeo Interreg V A España-Portugal Feder .
As actividades do proxecto perseguen obxectivos moi importantes como a cooperación co tecido empresarial e o desenvolvemento do espírito empresarial dos máis novos así como a promoción dos recursos de turismo de natureza e turismo náutico.
Por iso, o concurso de ideas de negocio transfronteirizo realizado entre escolares de ensino secundario e centros de formación profesional enmárcase dentro deste proxecto. Consta dunha fase nacional entre centros da provincia de Ourense que xa tivo lugar, e unha fase internacional na que participarán os tres equipos gañadores da fases nacionais previas.
En Ourense fíxose unha fase nacional onde se contactou con todos os centros de ensino secundario ofrecéndolles a posibilidade de participar na actividade. Logo dun primeiro contacto e selección chegaron ao final cinco proxectos que foron avaliados por un xurado de expertos que concluíron segundo acta pública que TRES SERÍAN Os PROXECTOS QUE REPRESENTARÍAN A OURENSE NA FASE INTERNACIONAL:

• LOVE IT, LIVE IT é o proxecto que representa ao CPR MARÍA INMACULADA de VERÍN: catro alumnos/ as do módulo de emprendemento do devandito centro presentan unha proposta moi orixinal sobre afianzamento poboacional na zona a partir da cultura do viño e a auga termal.

• RUTA XVIII é o proxecto do CIFP PORTOVELLO de OURENSE e móstranos un completo proxecto de desenvolvemento turístico localizado no ámbito transfronteirizo Galicia-Note de Portugal.

• E o CPR Divina Pastora de OURENSE participou cun proxecto chamado A Raia SEN LUMES que dun modo maxistral móstrannos solucións a partir do problema dos incendios en Ourense.

Este concurso de ideas dirixido, como xa se comentou anteriormente, a alumnos de ensino secundario e formación profesional, naceu cuns obxectivos claramente definidos: sensibilizar e motivar ao alumnado na innovación e o emprendemento por unha banda e fomentar a cooperación institucional e da sociedade no territorio.
Cada equipo de estudantes consta como máximo de 4 persoas (alumnos e un docente ou orientador do centro), que recibiu un programa de coaching formativo nos seus centros xunto con todos os interesados e interesadas de cada un dos centros.
No CPR María Inmaculada de Verín recibiron a visita dun experto en márketing dixital e realizaron unha sesión de coaching baseada nas posibilidades do márketing no emprendemento.
Pola súa banda o CIFP Portovello de Ourense recibiu a visita dun coach experto audivisual que ensinou aos alumnos e alumnas a realizar e producir curtametraxes no ámbito do turismo creativo coas ferramentas gopro.
E pola súa banda o CPR Divina Pastora de Ourense recibiu a visita dun experto tamén audiovisual co fin de que todos os alumnos e alumnas recibisen formación na utilización dos smartphones para a creación de curtametraxes ambientais.

As ideas de negocio presentadas foron concibidas para o seu desenvolvemento no territorio transfronteirizo formado pola provincia de Ourense e as comunidades de municipios do Alto Minho e Val do Cávado en Portugal e debían de estar relacionadas cun ou varios dos seguintes sectores:
• Industrias culturais e creativas
• Turismo deportivo
• Innovación e Desenvolvemento, Tic´ s
• Agricultura e novas tecnoloxías, con base innovadora para a creación de emprego.
Desde a competencia nacional en Ourense destacouse por parte do xurado e organizadores a proxección que teñen todas as ideas de negocio tanto na zona transfronteiriza como noutras zonas de desenvolvemento xa que son boas ideas para poder realizar en calquera parte do territorio provincial e transfronteirizo.

Deja una respuesta