Mércores 10 de Agosto de 2022

MODIFICACIÓN calendario Actividades deportivas para as festas de Ourense


O Torneo de Basket Urbano 3×3
Estaba previsto para os días 25 e 26 de xuño. Seguindo as instrucións do club organizador, será o día sábado 30 de xuño, de 19:00 a 21:00 horas nas pistas exteriores do Pavillón dos Remedios.
O I Torneo de Hóckei Línea infantil e senior «Cidade de Ourense» celebrarase o vindeiro venres 29 de xuño de 16:00 a 20:00 horas no pavillón municipal da Carballeira.
O 1º Ourense Open de Tenis, no Club Santo Domingo, adíase. Segundo a organización, a coincidencia nas datas do Ourense Open Tenis con outros importantes torneos nacionais motivou unha escasa cantidade de inscritos. Por esta razón os organizadores decidimos aprazar o torneo para outras datas. Será, a falta de confirmación, a segunda semana de xullo, entre o 07 e o 14.

Deja una respuesta