Venres 20 de Xullo de 2018

Poesía, maxia e viño para celebrar o solsticio de verán en Castrelo de Miño


O concello de Castrelo de Miño organiza un novo evento de promoción vitivinícola no Parque Náutico, en colaboración cos poetas e magos do Ribeiro

Co gallo do solsticio de verán, o xoves 21 de xullo a partires das 20:00 horas terá lugar a primeira edición deste novo evento que busca promocionar os viños do Ribeiro, e nesta ocasión maridados con poesia e maxia.

A Poesía correrá a cargo dos poetas do Ribeiro Benito Eladio Rodríguez, Rafael Otero e Jaime Moreda, e as poetisas galegas convidadas Yolanda Castaño e Concha Rousía.

A Maxía correrá a cargo do Mago Deimi.

O viño para maridar este novo evento cultural será o das adegas:
Loeda, Cunqueiro, Celme, Alborexar no Ribeiro, Eloi Lorenzo, Pousadoiro, Solaina Minei e Arco da Vella.
A vitivinicultura é a principal actividade económica de Castrelo de Miño, e son moitos os eventos promocionais que organiza o concello ao longo do ano en colaboración coas adegas do seu termo municipal e do resto da comarca do Ribeiro, entre os que destaca o RibeiroBlues WineFestival que se celebrará o 10 e 11 de agosto e que este ano celebrará xa a súa quinta edición. Un festival no que o viño do Ribeiro marida coa mellor música blues.

Poesía, maxía e viño en Castrelo de Miño, é un novo evento cultural que pretende harmonizar o viño do Ribeiro, coa poesia e a maxia.

Deja un comentario