Sábado 28 de Novembro de 2020

O Concello de Ourense limpa as Pozas do Muíño da Veiga tras xestionar coa empresa que explota o encoro de Velle unha baixada de caudal para poder acometer os traballos


Ao longo da madrugada unha brigada de Ecourense procedeu ao vaciado e a limpeza con auga a presión das piscinas termais

O Concello de Ourense procedeu de madrugada a limpeza das termas do Muiño da Veiga tras o acordo alcanzado con Gas Natural Fenosa, xestora do encoro de Velle, para parar a actividade da central entre as 2:00 e as 6:00 horas e que a baixada do caudal permitise limpar o entorno termal.

Os traballos foron realizados por unha patrulla da concesionaria municipal dos servizos de Limpeza, Ecourense, que acudiu cun camión, unha furgoneta e un equipo electróxeno para proceder ó vaciado das catro pozas e a súa limpeza con equipos de auga a presión.

Dende o Concello se informa de que diariamente seguirán a facerse labores de limpeza, conservación e mantemento da mellor calidade das augas, para o seu uso e disfrute por parte dos cidadáns.

Para proceder a limpeza desta área termal o Concello mantivo conversacións coa empresa xestora do encoro de Velle, xa que os traballos non son posibles nesta área se o caudal do río é superior ao fluxo ecolóxico.

O motivo é que estas pozas se atopan na zona inundable e están sometidas as subidas e baixadas de caudal por mor das chuvias ou da apertura do encoro, e as labores de limpeza son imposibles se o río leva moito volume de auga.

A diferenza dos recintos termais que non están dentro da zona inundable, o Concello tivo que chegar a un acordo coa empresa hidroeléctrica que explota a central de Velle para reducir o caudal ao fluxo ecolóxico. É unha labor que, en anos extraordinariamente chuviosos como o actual, sempre se realizan por estas datas.
Así, no ano 2016 viviuse unha situación semellante, e até finais de xuño e inicios de xullo fora imposible realizar a limpeza destas pozas, as únicas nas que a auga termal nace na súa propia base e non chega canalizada, como é o caso das termas de Outariz.

Dende o Concello lamentase que as especiais características das Termas do Muiño, que fan necesario cumprir con certos requisitos para a súa limpeza, teñan sido empregadas nos últimos días por determinado grupo da oposición para crear inquietude e alarma nos cidadáns e usuarios. Máxime, cando a data dos traballos de adecuación do recinto termal, a pasada madrugada, xa fora fixada dende fai tempo con Gas Natural Fenosa.

Deja una respuesta