Venres 20 de Xullo de 2018

Asuntos Sociais abre un prazo de dez días hábiles para que os solicitantes do programa de Axudas de Libros e Comedor Escolar corrixan as fallas das solicitudes


A web do Concello publica un listado para informar aos solicitantes destas axudas sobre a documentación que lles falta

A Concellería de Asuntos Sociais publica hoxe, 15 de xuño, un requirimento de enmenda para que os solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2018-2019 poidan subsanar as fallas atopadas na documentación presentada durante a xestión destas axudas.

Por este motivo tamén publica na súa web os nomes dos solicitantes e a documentación que precisan para que as súas solicitudes estean correctas.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles a partires do seguinte da publicación hoxe deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web www.ourense.gal (até o 29 de xuño) para correxir os erros e achegar a documentación solicitada.

Deberán presentar a documentación que se lles solicita no Rexistro Xeral do Concello.

De non facelo no mencionado prazo, se lle terá por desistido da súa petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 5 de abril e está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares)

Deja un comentario