Venres 19 de Outubro de 2018

60 alumnos reciben o seu diploma na Escola Provincial de Gaitas da Deputación


A Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense entregou hoxe os seus diplomas acreditativos a sesenta alumnos por ter superado o primeiro ciclo nas áreas de gaita, percusión, canto tradicional e zanfona. Así mesmo, no acto tamén recibiron o título de Mestres Gaiteiros e Percusionistas, os alumnos que superaron os estudos completos que se imparten neste centro.

No acto, que tivo lugar na Escola Provincial de Gaitas, participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o director da Escola, Xosé Lois Foxo; e a vicerreitora do Campus Universitario de Ourense, Esther de Blas. Ao remate do evento, actuaron as gaiteiras Mikiko Watanaba de Xapón e Liana Sharifian de Irán, a quen tamén lle entregaron o seu diploma.

Deja un comentario