Xoves 13 de Decembro de 2018

Manuel Baltar e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, analizan as liñas de colaboración institucional


O presidente da Deputación recibiu no Pazo Provincial a Reigosa na súa primeira visita institucional a Ourense, na cal concordaron en seguir avanzando na cooperación entre o goberno provincial e a institución académica

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na súa primeira visita institucional a Ourense, na que estivo acompañado pola vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas. No encontro, Baltar e Reigosa analizaron os ámbitos de cooperación que veñen mantendo Deputación e Universidade de Vigo, “unha colaboración na que destaca o punto en común que temos ámbalas dúas institucións: o progreso económico e social da provincia de Ourense, e seguir na liña de aumentar a competitividade, para o cal é fundamental o labor que desenvolve a Universidade de Vigo por medio do Campus de Ourense, con titulacións, profesorado e proxectos que contribúen a especializar, internacionalizar e potenciar os valores que temos como provincia”, expresou Manuel Baltar.

Entre os temas que trataron na reunión destacaron o Campus da Auga e todo o que conleva a prol do termalismo na nosa provincia de Ourense; a consolidación de titulacións como a de Enxeñería Aeroespacial; as iniciativas que favorecen o emprendemento e a investigación, acordando asemade seguir traballando coordinadamente por medio do convenio anual que subscriben Deputación e Universidade de Vigo para promover estudos nos ámbitos demográfico, económico e do emprego, entre outros.

Deja un comentario