Domingo 23 de Setembro de 2018

O acceso ás Termas do Muíño está prohibido e a súa limpeza atópase pendiente, como noutras ocasións, de que baixe o caudal do Miño


A extraordinaria meteoroloxía deste inverno e primavera, con frecuentes choivas, impediu que o caudal do río Miño baixase de xeito suficiente para poder proceder á limpeza das mesmas, que se atopan balizadas porque a día de hoxe, está prohibido o seu uso

 

O Concello advirte que o acceso ás Termas do Muíño, e polo tanto o seu uso, está prohibido e a súa limpeza atópase pendiente de que baixe o caudal do Miño.

A extraordinaria meteoroloxía deste inverno e primavera, con frecuentes choivas, impediu que o caudal do río Miño baixase de xeito suficiente para poder proceder á limpeza das mesmas, que se atopan balizadas porque, a día de hoxe, está prohibido o seu uso.

Noutros anos, como por exemplo no 2016 vivíronse situacións semellantes, nas que ata ben entrado o mes de xuño e incluso xullo foi imposible realizar a limpeza destas pozas, as únicas nas que a auga termal nace na súa propia base (non é canalizada, como por exemplo en Outariz). Como queira que o manancial do Muíño da Veiga se atopa dentro da propia terma, a canle do río incide directamente na presión do mesmo e enche a instalación termal.

Desde a Concellería de Termalismo estase en contacto con Gas Natural Fenosa para coordinar a baixada do caudal do río, así como coa empresa concesionaria Ecourense, que será a encargada de limpar estas pozas tan pronto o caudal do Miño así o permita. Por este motivo, recurrente nos anos extraordinariamente chuviosos e alleo á xestión municipal, o Concello prega disculpas aos usuarios e lembra que se atopan abertas outras instalacións públicas como Outariz, Burga de Canedo e As Burgas.

Deja un comentario