Xoves 13 de Decembro de 2018

Os campamentos de La Molinera achegaranlle á cativada a creación audiovisual, a arquitectura 3D, a realidade virtual, a robótica e os drones


Ofertará 150 prazas para escolares de 8 a 15 anos, en 5 quendas

 

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza campamentos tecnolóxicos de verán, no que nenos e nenas da cidade terán a oportunidade de familiarizarse coa elaboración de audiovisuais, a realidade virtual, a arquitectura 3d, a robótica ou os drones. Poderán participar nenos e nenas que nacesen entre os anos 2010 e 2003, ambos incluídos. O campamento englóbase no proxecto La Molinera Kids, que organizan a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude e o Concello de Ourense. Ofertaranse un total de 150 prazas, divididas en 5 quendas, unha por cada unha das semanas que van desde o 25 de xuño até o 27 de xullo.

O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, martes, 12 de xuño ás 9:00 horas, até o venres, 15, ás 24:00 horas e pode realizarse a través da web La Molinera. Os campamentos son gratuítos e cada escolar poderá participar nun. A este respecto é importante ter en conta que cada neno ou nena poderá solicitar un máximo de 2 campamentos, dos que poderá participar nun. Se algún ou algunha solicita máis de 2 campamentos, quedará automaticamente excluído/a.

Realizarase un sorteo público para adxudicar as prazas de cada un dos campamentos, dos que sairán adxudicatarios/as provisionais das 30 prazas de cada quenda e a lista de espera do resto das solicitudes. O resultado exporase na web de La Molinera.

As actividades realizaranse no Centro de Coñecemento e Innovación La Molinera, na rúa do Abrevadeiro, 1, de luns a venres de 9:30 a 13:45 horas.

O Campamento I (25 ao 29 de xuño) estará adicado aos Audiovisuais, e inclúe:

– Creación das súas fotografías Painting Light

– Edicións dos seus vídeos con Chroma Key

– Creación da súa propia curtametraxe de animación 3D.

– Creación do seu propio foto-comic.

O Campamento II (2 ao 6 de xullo) adicarase á Realidade Virtual:

– Creación do seu propio mundo virtual

– Creación de animacións 360º.

– Creación do teu propio avatar con fotografías

– Creación do seu mundo Minecraft.

O Campamento III (9 ao 13 de xullo) será sobre Arquitectura 3D:

– Creación da túa vivenda en 3D

– Creación da túa maqueta de vivenda en 3D

– Pintura condutiva para maquetas.

– Son con placas arduíno.

O Campamento IV 16 a 20 de xullo) será sobre Robótica:

– Creación do seu propio videoxogo.

– Fabricación de Robots.

– Creación da súa peza en impresión 3D.

– Creación da túa propia estrutura Lego en 3D.

O Campamento V, sobre Drones, abaranguerá como contidos:

– Pilotaxe de dron

– Simulador de drones

– Creación da radio por internet

As nenas os e nenos participantes en cada campamento dividiranse en dous grupos en función da idade (de 8 a 11 anos e de 12 a 15 anos).

Con estas propostas preténdese fomentar as posibilidades creativas da cativada, fomentar o traballo en equipo, a cooperación, o espírito emprendedor, o interese por descubrir e contar, xerar ferramentas de expresión que posibiliten a comunicación artística, ou motivar a aprendizaxe a través da experiencia, entre outras.

Deja un comentario