Luns 25 de Xuño de 2018

Avanza unha demanda veciñal histórica do barrio de Barrocás: a mellora do paso inferior da rúa Ramón Puga


“As conversas co Ministerio de Fomento foron moi intensas durante os últimos meses, pois foi un compromiso persoal desta Alcaldía darlle resposta a unha demanda veciñal histórica en favor da seguridade dos peóns e a fluidez do tráfico”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad

 

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar hoxe o anuncio do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias polo que se somete a información pública o Proxecto de ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga, para que os propietarios afectados polas expropiacións poidan rectificar errores ou opoñerse á ocupación dos terreos.

Dende o Concello se destaca que este anuncio supón un paso importante para a realización dun proxecto moi demandado polos veciños e que permitirá ampliar o paso dos vehículos que circulen polo paso inferior da liña ferroviaria. “As conversas co Ministerio de Fomento foron moi intensas durante os últimos meses, pois foi un compromiso persoal desta Alcaldía darlle resposta a unha demanda veciñal histórica en favor da seguridade dos peóns e a fluidez do tráfico”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad. Asemade, insiste en que a obra suporá un aumento da seguridade e da fluidez do tráfico nunha zona que conta cunha alta densidade de circulación ao estar situada no entorno do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Trala publicación deste anuncio do BOE ábrese un período de información pública de quince días hábiles, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto, co gallo de que os propietarios poidan aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles errores ou opoñerse por razóns de fondo ou de forma, á necesidade de ocupación.

A documentación pode ser examinada nos locais da Subdelegación do Goberno, no Concello de Ourense ou nos locais da Subdirección de Infraestructura de Adif en Madrid, en días e horas hábiles de oficina.

Deja un comentario