Luns 03 de Agosto de 2020

A segunda reunión da Comisión de Investigación pola anulación do PXOM estaba fixada para hoxe ás 9 horas, tal e como se decidiu na anterior sesión e así quedou recollido en acta


A presidenta da Comisión de Investigación, a concelleira Ana Morenza, afirma que na sesión de constitución deste órgano, o pasado 9 de maio, quedou fixada data e hora da segunda reunión, á que non se presentaron nen OueC nen o PSOE

 

A presidenta da Comisión de Investigación sobre as responsabilidades políticas derivadas da anulación da Ordenación Provisional urbanística do Concello, Ana Morenza, nega categóricamente que OUeC non soubera que hoxe mércores estaba fixada a segunda reunión deste órgano, xa que “o día e a hora quedaron fixados por acta” o pasado 9 de maio na creación desta comisión. Así, na acta daquela sesión di literalmente:
“(….) Fíxase a segunda sesión da comisión para o mércores día 6 de xuño de 2018 ás 09 horas no segundo andar do Centro Cívico Colón, quedando deste xeito convocados os membros da mesa”.
Morenza desminte as afirmacións do voceiro de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, de que a súa formación non acudiu á cita porque non foi convocada, e recórdalle que na primeira reunión “quedaron recollidas en acta a data e a hora da próxima reunión, e os integrantes da comisión mostraron a súa conformidade”. Algo, ademáis, perfectamente demostrabale polo feito de que o representante de Democracia Ourensana sí acudiu en data e hora.

A presidenta da Comisión de Investigación lamenta que Ourense en Común non asistise á cita deste mércores, sobre todo tendo en conta que foi ese grupo o que solicitou a creación de dita comisión, “e agora pretende desviar un despiste, que calquera ser humano pode ser, intentando culpabilizar ao Grupo de Goberno da súa falta de dilixencia no control da súa axenda”.

Ana Morenza deplora que OUeC “minta e poña excusas á hora de non facer o seu traballo´” e rexeita que “queira botar, ainda por riba ao Grupo de Goberno a responsabilidade de non acudir a unha comisión que eles mesmos solicitaron e que se conformou contando co apoio do PP”.

Deja una respuesta