Venres 15 de Xaneiro de 2021

Vilariño de Conso acollerá un seminario sobre o desenvolvemento rural e os espazos naturais


Esta xornada reunirá do 8 ao 10 de xuño a expertos na materia de contextos territoriais variados que facilitarán a discusión local
O municipio de Vilariño de Conso acollerá do 8 ao 10 de xuño un seminario sobre o «Desenvolvemento rural e os espazos naturais» no que intervirán expertos na materia de contextos territoriais variados que facilitarán a discusión local. Esta iniciativa formativa, na que colabora a Deputación de Ourense, foi presentada hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; o director da Fundación «Juana de Vega», José Manuel Andrade; e o coordinador do seminario, Valeriá Paül.O vicepresidente da Deputación de Ourense destacou a idoneidade de celebrar este seminario en Vilariño de Conso dado que ten «cerca do 80% da superficie municipal declarada como protexida, sendo o quinto concello de Galicia con máis territorio incluído dentro dunha figura de conservación da natureza».Esta acción formativa, cunha duración de 30 horas, centrarase en espazos naturais e desenvolvemento rural nos ámbitos de baixas densidades demográficas que, segundo o director da Fundación «Juana de Vega», enmárcase «dentro da aposta da fundación a prol do desenvolvemento rural de Galicia».»É un curso no que pretendemos analizar as posibilidades de desenvolvemento rural en territorios que teñen moitos espazos protexidos e con características especiais como é a escaseza demográfica e, para iso, imos contar cun elenco de profesionais de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional con experiencias de Francia, Portugal e mesmo de Italia para coñecer de primeira man cómo se actúa neses territorios moi similares a nós», explico José Manuel Andrade.

Deja una respuesta