Luns 25 de Xuño de 2018

Medio millar de participantes, no I Campionato galego de piragüismo escolar, en Muíños


A Deputación de Ourense colabora con este evento, “que salienta o potencial natural e de infraestruturas con que conta a nosa provincia para os deportes acuáticos”, destacou Manuel Baltar na presentación
Máis de medio millar de nenos participarán o vindeiro 2 de xuño no “I Campionato galego de piragüismo escolar “Xogade-Muíños”, que se celebra neste municipio ourensán, contando co apoio da Deputación de Ourense. Un evento que, segundo destacou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, “salienta o potencial natural e de infraestruturas con que conta a nosa provincia para os deportes acuáticos, xa que dispoñemos das mellores láminas de auga de Europa e unhas instalación en Laias, Castrelo de Miño, Arnoia e Muíños que permiten combinar a práctica de actividades deportivas de lecer e de alto rendemento, conformando á provincia de Ourense como un dos mellores exemplos de “turismo laranxa”, combinando deporte e patrimonio natural”, remarcou Baltar.No acto de presentación do evento, que tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, participou tamén o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; Manuel Pérez, responsable de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, e representantes do club “Fontefría”, entidade decana do piragüismo na provincia de Ourense.O campionato, no que se disputarán probas de diferentes categorías referidas ao piragüismo escolar, comezará ás 10.00 horas, centralizando toda a actividade ao longo da xornada do día 2 de xuño nas instalacións deportivas do Corgo, en Muíños.

Deja un comentario