Mércores 18 de Xullo de 2018

Manuel Baltar visita o concello de Avión


Cooperación en proxectos sociais, deportivos e de infraestruturas centraron a reunión do presidente co alcalde e concelleiros locais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o concello de Avión, onde se reuniu co alcalde do municipio, Antonio Montero, e con concelleiros do equipo de goberno local. No encontro analizaron os investimentos que a Deputación de Ourense destina en cooperación co Concello de Avión a proxectos sociais e deportivos, como o centro de día e a piscina municipal, e tamén valoraron vindeiras iniciativas que se levarán a cabo entre ámbalas dúas administracións, referidas á mellora de infraestruturas viarias e de equipamentos comunitarios. O obxectivo, segundo explicou Manuel Baltar é “seguir ofrecendo os niveis de máxima calidade na prestación de servizos públicos”.

Deja un comentario