Venres 19 de Outubro de 2018

A Fase final da Copa Deputación de voleibol disputarase no “Paco Paz” o 26 de maio


O vindeiro 26 de maio terá lugar no pazo dos deportes “Paco Paz” de Ourense a disputa da fase final da Copa Deputación de voleibol. Durante o pasado mes de abril e comezos de maio xogáronse as fases previas de clasificación nas diferentes categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior. Este campionato, que agrupa a todas as categorías base dos clubs ourensáns, considérase o colofón á tempada oficial de voleibol en pista e supón un recoñecemento ao esforzo realizado pola familia do voleibol ourensán, integrada por xogadores, técnicos, directivos e afección, durante a tempada 2017-2018.

Deja un comentario